Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1962 (62 anos) Caracas, Venezuela | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Félix Zubizarreta Ezpeleta, avó | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Iker Joseba Zubizarreta, nado en Caracas o 18 de maio de 1962, é un exfutbolista venezolano. É neto de Félix Zubizarreta, antigo xogador do Athletic Club.
Neto do futbolista do Athletic Félix Zubizarreta, a súa familia abandonara o País Vasco durante a Guerra Civil, instalándose en Venezuela. Alí, seu pai Jon coñeceu á tamén vasca Josebe Torrontegi, coa que casou e tivo catro fillos: Jon Peli, Javier, Miren Bego e Iker.[1] Iker comezou a xogar ao fútbol no Loyola Sport Club, onde compartiu equipo entre outros con Bernardo Añor.
Antes de rematar o bacharelato, foi convocado polo adestrador Manuel Plasencia como parte do equipo que representaría a Venezuela no Torneo Preolímpico en Colombia en 1980.[2] Xogou de titular nos partidos contra o Brasil e contra Colombia, anotando no segundo deles o gol da vitoria (0-1).
Venezuela clasificouse finalmente para os Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova, onde Iker tivo unha boa actuación. Xogou os partidos contra a Unión Soviética e contra Cuba, marcando un gol contra o país insular.[3] O Athletic Club interesouse por el, por recomendación do observador e exfutbolista vasco-soviético Ruperto Sagasti, e o presidente do club, Beti Duñabetia propuxo someter a referendo entre os seus socios a decisión de incluír a Iker nas filas do club. Con todo a posibilidade de xogar no fútbol español desapareceu cando a entidade bilbaína decidiu manter a tradición de fichar só xogadores nados no País Vasco.[1]
Xogou no Deportivo Vasco antes de marchar aos Estados Unidos de intercambio de estudantes, recalando en Salt Lake City, onde xogou nun equipo afeccionado. Pouco despois recibiu unha bolsa para estudar na Indiana University de Indiana, onde se graduou en Administración de Empresas e levou ao equipo universitario a gañar dúas veces o título da NCAA, en 1982 e 1983.[1] Volveu vestir a camiseta da selección venezolana nos Xogos Centroamericanos de 1982, onde gañou a medalla de ouro, e nos Xogos Panamericanos de 1983. Tras deixa ro fútbol dedicouse ao sector alimenticio.[1]