Il a déjà tes yeux | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Il a déjà tes yeux |
Director | Lucien Jean-Baptiste |
Produtor | Maxime Delauney Romain Rousseau Serge de Poucques Sylvain Goldberg Adrian Politowski Thierry Ardisson |
Guión | Marie-Françoise Colombani Lucien Jean-Baptiste Sébastien Mounier |
Intérpretes | Lucien Jean-Baptiste Aïssa Maïga Zabou Breitman Vincent Elbaz |
Música | Alexis Rault |
Montaxe | Sahra Mekki |
Estudio | Nolita Cinema |
Distribuidora | UGC Distribution |
Estrea | Festival du Film Francophone d'Angoulême: 27 de agosto de 2016 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Francia Bélxica |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 6,6 millóns de dólares[1] |
Recadación | 9,8 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Il a déjà tes yeux é un filme franco-belga de 2016 dirixido por Lucien Jean-Baptiste.
Paul e Sali son unha parella de franceses afrodescendentes (el de Martinica e ela de orixe senegalesa) que non pode ter fillos biolóxicos e levan agardando moito tempo para poder adoptar. Finalmente Sali recibe unha chamada na que lle din que a súa solicitude de adopción foi aceptada e que hai un meniño branco de catro meses chamado Benjamin agardando por eles. Parece que nada podería ir mal, agás polo feito de que os pais de Sali non aceptan que o seu neto sexa branco, e a traballadora social Claire Mallet fará todo o que estea na súa man para evitar formalizar a adopción despois do período de proba.