Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Ilirida (en albanés: Ilirida; en macedonio: Илирида, Ilirida) ou República de Ilirida (en albanés: Republika e Iliridës; en macedonio: Република Илирида, Republika Ilirida) é un estado proposto para o territorio occidental de Macedonia do Norte. Foi declarada dúas veces polo político Nevzat Halili, unha no ano 1992 e outra en 2014. A proposta foi declarada inconstitucional polo goberno macedonio.[1] O concepto secesionista de Ilirida xurdiu a comezos da década de 1990 e foi defendido por algúns políticos albaneses como solución ás preocupacións e disputas que tiña a comunidade albanesa sobre o recoñecemento constitucional e os dereitos das minorías dentro de Macedonia do Norte.[2][3][4]
↑Neofotistos, Vasiliki P. (2008). ""The Balkans' Other within": Imaginings of the West in the Republic of Macedonia". History and Anthropology19 (1): 28. doi:10.1080/02757200802150836. "“Republic of Illirida”, a name formed by the conjunction of Illyria and Dardania"
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.