As Illas Maskelynes son unha pequena cadea de illas baixas que forman parte de Vanuatu no océano Pacífico. Atópanse ao sueste de Malakula.[1] A zona é rica en peixes e quenllas,[2] e 'Lonely Planet' describe as Maskelynes como "simplemente fantásticas" e recoméndaas para o mergullo malia a advertencia de fortes correntes entre as illas.[3] Con todo, hai pouco turismo na zona, é unha parte moi remota de Vanuatu.
As illas da cadea están relativamente ben poboadas, por razóns históricas, a vida nas illas presentaba unha protección dos ataques das tribos do continente que non eran bos mariños, polo que tiñan problemas para chegar á cadea de illas. Con todo, a cadea de illas tamén pasou por unha serie de ciclos de poboación e despoboación (non hai referencia dunha causa determinada).[4]
As illas contan con moi pouca infraestrutura moderna, aínda que o goberno de Vanuatu e varias axencias de axuda. cooperaron cos habitantes para instalar algunhas escolas locais menores e centros de saúde.[5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Maskelynes |