Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Arquipélago | Illas Shetland | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
A illiña de Forvik (en inglés Forewick Holm ou Forvik Island, ou mesmo Fårvik), é unha pequena illiña das Shetland, ao norte de Escocia, que en xuño de 2008 declarou a súa independencia do Reino Unido.
A illiña de Forvik está situada ao suroeste do arquipélago das Shetland, a uns 200 metros ao sur da illa de Papa, e a uns 1'5 km ao norte da península de Sandness, na parte central da illa Shetland, no que se coñece como estreito de Papa.
A illiña mide aproximadamente unha hectárea. Ten unha forma bastante regular, cunha costa sur e oeste de perigosos baixíos e unha costa redondeada nororiental de cantís. O acceso por mar non é sinxelo e só é posíbel na preamar.
Non existen apenas informacións sobre o poboamento da illiña. Na actualidade é propiedade do seu único habitante, Stuart Hill, chamado Captain Calamity, que está a edificar o primeiro poboamento. En xuño de 2008 proclamou[1] que a illiña de Forvik pasaba a ser unha dependencia da Coroa británica, isto é, fóra da tutela do goberno de Londres, pero beneficiándose do status común das dependencias británicas, como as bailías de Guernsey e de Jersey, por exemplo, con múltiples vantaxes fiscais e de autogoberno. Unha fonte non identificada do ministerio de Xustiza británico negoulle viabilidade xurídica á independencia[2].