O istmo de Panamá foi parte integral de todas as formas de organización política e territorial que tivo a República de Colombia dende 1831 até 1903, con ó redor de dezasete intentos de secesión e catro separacións consumadas durante o século XIX.[8][9]
Para a historiografía panameña, a proclamación da República de Panamá foi o resultado dun proceso nacionalista e autonomista que se foi construíndo dende finais do século XVIII, e que concluíu coa separación de Panamá de Colombia.[10][11][12] En troques, para a historiografía colombiana, a secesión de Panamá, constitúe un atentado contra a integridade político-territorial de Colombia, que foi ideado polos Estados Unidos de América en asociación coa oligarquía istmeña da época.[13][14][15]
Mellander, Gustavo A.; Nelly Maldonado Mellander (1999). Charles Edward Magoon: The Panama Years. Río Piedras, Puerto Rico: Editorial Plaza Mayor. ISBN 1-56328-155-4. OCLC 42970390.
Mellander, Gustavo A. (1971). The United States in Panamanian Politics: The Intriguing Formative Years. Danville, Ill.: Interstate Publishers. OCLC 138568