Indian Horse | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Indian Horse |
Director | Stephen Campanelli |
Produtor | Clint Eastwood (executivo) Paula Devonshire Trish Dolman Christine Haebler |
Guión | Dennis Foon |
Baseado en | Indian Horse de Richard Wagamese |
Intérpretes | Sladen Peltier Forrest Goodluck Ajuawak Kapashesit Edna Manitowabi Michael Murphy Michiel Huisman |
Música | Jesse Zubot |
Fotografía | Yves Bélanger |
Montaxe | Jamie Alain Geoff Ashenhurst Justin Li |
Estudio | Devonshire Productions Screen Siren Pictures |
Distribuidora | Elevation Pictures |
Estrea | Festival de Toronto: 15 de setembro de 2017 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Canadá |
Xénero | Drama |
Orzamento | 8 millóns de dólares |
Recadación | 2 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.indianhorse.ca/ | |
Indian Horse é un filme canadense de 2017 dirixido por Stephen Campanelli e escrito por Dennis Foon.[2] Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2017[2] e estreouse nos cinemas do Canadá no 2018.
É unha adatación da novela Indian Horse,[2] do autor ojibwa Richard Wagamese e conta a historia de Saul Indian Horse, un rapaz indíxena canadense das Primeiras Nacións que sobrevive o sistema de escolas residenciais indias para converterse nunha estrela do hóckey sobre xeo.[3] O filme aborda a historia das escolas residencias do Canadá.[4][5] Está protagonizado por Sladen Peltier no papel de Saul con 6 anos, Forrest Goodluck como Saul con 15 anos e Ajuawak Kapashesit como Saul con 22 anos,[2] así como Edna Manitowabi, Evan Adams, Michiel Huisman, Michael Murphy e Martin Donovan nos papeis secundarios.[2]