Indian Regional Navigation Satellite System ou IRNSS é o nome dunha serie de satélites de navegación indios.[1][2][3]
Os satélites IRNSS son satélites gobernamentais adicados a mellorar a precisión dos sistemas de posicionamento GPS e Galileo na rexión da India. IRNSS está composto por unha serie de satélites de 1425 kg de masa construídos pola ISRO co bus I-1K. Varios dos satélites están en órbita xeoestacionaria, mentres que o resto está nunha órbita xeosíncrona cunha inclinación orbital de 29º. Con esta configuración os satélites son visibles desde a India en todo momento e os seus sinais poden recibirse en todo o territorio. Cada satélite leva a bordo un emisor de sinais en banda S e banda L5 e un transmisor de localización cun retrorreflector láser para coñecer a situación exacta do satélite. O sistema recibe tamén o nome de NavIC (Navigation with Indian Constellation). Tódolos satélites IRNSS foron lanzados mediante foguetes PSLV-XL.[1][2]
Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
IRNSS 1A | 1 de xullo de 2013 | PSLV-XL | Éxito |
IRNSS 1B | 4 de abril de 2014 | PSLV-XL | Éxito |
IRNSS 1C | 15 de outubro de 2014 | PSLV-XL | Éxito |
IRNSS 1D | 28 de marzo de 2015 | PSLV-XL | Éxito |
IRNSS 1E | 20 de xaneiro de 2016 | PSLV-XL | Éxito |
IRNSS 1F | 10 de marzo de 2016 | PSLV-XL | Éxito |
IRNSS 1G | 28 de abril de 2016 | PSLV-XL | Éxito |
IRNSS 1H | 31 de agosto de 2017 | PSLV-XL | Fallo |
IRNSS 1I | 11 de abril de 2018 | PSLV-XL | Éxito |
IRNSS 1J | 29 de maio de 2023 | PSLV-XL | Éxito |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Indian Regional Navigation Satellite System |