Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch | |
---|---|
Título orixinal | Indogermanisches etymologisches Wörterbuch |
Autor/a | Julius Pokorný |
Data de pub. | 1959 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch é un dicionario etimolóxico do indoeuropeo, redactado polo investigador checo Julius Pokorny e publicado en 1959.
A obra está actualmente un pouco desfasada, especialmente porque xa era conservadora no momento en que Pokorny a escribiu, ignorando a teoría das laringais e incluíndo pouco material sobre o tocario ou as linguas anatolias. Porén, é aínda de interese para os estudosos do tema ante a ausencia de ningún outro dicionario etimolóxico de linguas indoeuropeas.
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |