Infestación | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | CIE-10 |
ICD-9 | CIE-9 |
OMIM | 607948 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Denomínase infestación á invasión dun organismo vivo por axentes parasitos externos ou internos.[1][2][3]
A diferenxa fundamental co termno infección,[2][4] é que este último aplícase exclusivamente a microorganismos que teñen como obxectivo a súa reprodución no organismo infectado, causando en moitas ocasións a morte do mesmo, mentres que o obxectivo dos parasitos é a súa supervivencia a costa do hóspede que parasitan.[5]
Polo tanto, o termo infección debe restrinxirse á acción de bacterias, virus e outros microorganismos cuxa acción sexa a descrita anteriormente.
As infestacións pódense clasificar como internas ou endóxenas, ou externas ou esóxenas, segundo a situación do parasito no seu hóspede.[2] A infestación externa ou a infestación ectoparasítica é unha enfermidade na que o parasito vive principalmente na superficie do corpo do seu hóspede, como exemplos, os ácaros, carrachas e piollos. Unha infestación interna ou infestación endoparasítica é unha afección na que o parasito habita principalmente no interior do corpo do seu hóspede e inclúe principalmente as infestacións causadas por vermes.[6][7]
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Infestación |