Injun 5 / Explorer 40 | |
---|---|
![]() Representación de Injun 5 | |
Tipo | Científico |
Organización | USAF |
Data de lanzamento | 8 de agosto de 1968, 20:12 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Scout B[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre, os cintos de radiación, as auroras e outros fenómenos xeofísicos.[2][6] |
NSSDC ID | 1968-066B |
Masa | 71,4 kg[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7959 km[1] |
Inclinación | 80,7 graos[1] |
Apoapse | 2491,0 km[1] |
Periapse | 686,0 km[1] |
Injun 5, tamén coñecido coa denominación Explorer 40, foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 8 de agosto de 1968 mediante un foguete Scout B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite Explorer 39.[2][5][6]
Injun 5 foi o quinto satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF, e lanzado tamén baixo o programa Explorer. A súa misión principal foi medir o fluxo de partículas enerxéticas na atmosfera terrestre, estudar as radioemisións de frencuencia moi baixa (VLF) na ionosfera asociadas co fluxo de partículas, estudar os electróns, protóns e partículas alfa atrapadas nos cintos de radiación, estudar os raios cósmicos e medir a temperatura e densidade de electróns e ións positivos de enerxía termal ou próxima a esta. Injun 5 estaba deseñado para aliñarse magneticamente co campo magnético terrestre. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías, pero un problema a bordo do satélite reduciu a cantidade dispoñible de enerxía procedente das células solares, limitando o período de tempo en que a grabadora de cinta de a bordo podía funcionar sen interrupción. Injun 5 foi desconectado entre o 31 de maio de 1970 e o 18 de febreiro de 1971, despois do cal foi encendido de novo. Deixou de funcionar definitivamente en xuño de 1971.[2][5][6]
Injun 5 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[5]