Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas

Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas
AcrónimoICADE
TipoEscola de negocios, entidade desaparecida e organización católica
Data de fundación1956
Data de disolución1960
PaísEspaña
Na rede
BNE: XX147589
editar datos en Wikidata ]
Facultade de Dereito (ICADE).
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ICADE).

O Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas (ICADE= foi unha institución desaparecida en 1978 ao integrarse na Universidade Pontificia Comillas dando lugar a dúas facultades de dita universidade, a Facultade de Dereito[1] e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais,[2] facultades ambas que foran fundadas en 1956.

Na actualidade, segundo o Manual de Identidade Corporativa, só se pode engadir o acrónimo entre parénteses a continuación do nome oficial de cada unha destas dúas facultades, en recordo ao nome da desaparecida institución.[3]

O ICADE ten a súa orixe en 1956, época na que desenvolve as súas actividades no marco do Colegio Universitario del Buen Consejo, un Seminario Técnico de Dirección de Empresas que, nun principio, limitábase á formación de posgraduados que desexaban acceder a postos directivos das empresas.

En 1960 únese ao ICAI para formaren ICADE-ICAI. Este mesmo ano inaugura o seu programa estrella E-3, exixente programa de estudos que combina as dúas licenciaturas, Ciencias Económicas e Empresariales e Dereito, converténdose así na primeira institución académica de España en ofrecer un programa conxunto deste tipo.

En 1978 ICADE-ICAI intégrase na Universidade Pontificia de Comillas. A marca ICADE anéxase a dúas facultades da universidade.

Facultade de Dereito

[editar | editar a fonte]

Na actualidade (2012) o seu Decano é Íñigo Navarro Mendizábal.

Departamentos

[editar | editar a fonte]
  • Departamento de Dereito Privado
  • Departamento de Dereito Económico e Social
  • Departamento de Dereito Público
  • Departamento de Disciplinas Comúns

Cátedras

[editar | editar a fonte]
  • Cátedra Jean Monet Comisión Europea
  • Cátedra Santander de Dereito e Menores

Titulacións

[editar | editar a fonte]

Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:[4]

Titulación Abbr. Estudantes (2011-12)
Grao en Dereito E-1 235
Grao en Dereito e Grao en Administración e Dirección de Empresas E-3 354
Grao en Dereito s Grao en Ciencias Políticas e da Administración Pública E-5 89
Máster Universitario en Dereito da Empresa 21
Máster Universitario en Investigación en Ciencias Xurídicas 9
Máster Universitario en Propiedade Intelectual 15
Máster Universitario en Tributación e en Fiscalidade Internacional 7
Máster Universitario en Asuntos Internacionais: Economía, Política e Dereito 21
  • Plans de Estudo en extinción:
  • Licenciaturas
    • Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración
    • Licenciatura en Dereito e Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (E-3)
    • Licenciatura en Dereito e Diploma en Estudos Empresariais (E-1)
    • Licenciatura en Dereoto e Diploma en Relacións Internacionais (E-1)

Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE)

[editar | editar a fonte]

O Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE) é un centro pertencente á Facultade de Dereito (ICADE) que se encarga da promoción, coordinación e execución de actividades universitarias dirixidas a fomentar a innovación, a facilitar a formación permanente e a fortalecer a relación da Facultade de Dereito cos colexios profesionais e outras institucións do ámbito xurídico.

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

[editar | editar a fonte]

Na actualidade (2012) o seu decano é Alfredo Arahuetes García.

Departamentos

[editar | editar a fonte]
  • Departamento de Economía
  • Departamento de Xestión Empresarial
  • Departamento de Xestión Financeira
  • Departamento de Mercadotecnia
  • Departamento de Métodos Cuantitativos

Cátedras

[editar | editar a fonte]
  • Cátedra de Ética Económica e Empresarial
  • Cátedra ALTAE
  • Cátedra de Internacionalización Empresarial, Diversidade e Desenvolvemento Profesional (Nova creación 2010/2011)

Titulacións

[editar | editar a fonte]

Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:[4]

Titulación Abbr. Estudantes (2011-12)
Grao en Administración e Dirección de Empresas E-2 672
Grao en Ciencias Empresariais Internacionais E-4 269
Máster Universitario en Administración de Empresas (MBA) 46
Máster Universitario en Finanzas 25
Máster Universitario en Investigación en Economía e Empresa 50
Máster Universitario en Mercadotecnia 25
Máster Universitario en Recursos Humanos 23
  • Plans de Estudo en extinción
  • Licenciaturas
    • Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (E-2)
    • Licenciatura en Ciencias Actuariais e Financeiras

ICADE Business School

[editar | editar a fonte]

O ICADE Business School é un centro docente pertencente á la Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ICADE) que se ocupa da formación de posgrao empresarial.

  1. Facultad de Derecho-ICADE
  2. Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales-ICADE
  3. "Manual de Identidad Corporativa". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  4. 4,0 4,1 "La Universidad en cifras, curso 2011-12" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]