A acepción musical máis comunmente entendida por instrumentación é o estudo e a práctica de realizar ou adaptar composicións musicais para un instrumento ou agrupación musical.
Realmente poderíamos distinguir instrumentación de orquestración.[1]
Instrumentar consiste en coñecer os rudimentos de cada un dos instrumentos musicais, de tal maneira que se poida adaptar para cada un deles unha melodía ou composición dada.
Orquestrar, pola súa banda, é máis próximo á "composición con timbres". Neste sentido, inclúe un coñecemento máis amplo dos instrumentos, non só das súas características e particularidades individuais, senón tamén información e experiencia acerca das súas combinacións, xa en pequeno ou en gran grupo.[2]
A realización desta para un instrumento específico require a habilidade de tomar en conta as propiedades especiais do instrumento, tales como:
Bach Quoniam da Misa en si menor - introdución instrumental.Bach Quoniam da Misa en si menor - compases 1–4.
O ton, o timbre musical e o rango dinámico do instrumento e os tons dispoñibles neses rangos.