Intact Media Group

Intac Media Group é un conglomerado de empresas formado por unha serie de empresas de medios de comunicación en Romanía. Os seus negocios baséanse enteiramente nos negocios de ámbito privado. Un considerable número dos máis importantes medios audiovisuais e da industria da empresa escrita lanzaron baixo unha mesma marca o seu primeiro produto, Intact Printing House, a cal foi constituída no ano 1991.[1]

Forma parte do Holding GRIVCO, propiedade do político e home de negocios Dan Voiculescu. Intact é un dos grupos máis grandes de capital enteiramente romanés e no ano 2007 facturou 130 millóns de euros.

As oficinas da Intact Media Center en Bucarest (Romanía) foron desmanteladas polo Estado romanés en 2014, como consecuencia da sentenza do xuízo (entre outros imputados) contra Dan Voiculescu, o fundador de Intact Media Group. O edificio foi posto á venda coa finalidade de que o Estado poida recuperar os prexuízos causados como consecuencia da privatización fraudulenta do Instituto de Investigación Alimentaria no ano 2003.[2]

Listaxe de compañías da Intact Media Group

[editar | editar a fonte]

En xullo do ano 2011, as compañías que forman parte da Intact Group eran:[3]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • Romantic FM
  • Radio ZU
  • Intact Production
  • Tipografia Intact
  • Open Media Network
  • Euroexpo
  • Intact Media Academy
  • Seed Consultants Branding & Design

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]