Intasat | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | INTA |
Data de lanzamento | 15 de novembro de 1974, 17:11 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 2310[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera.[2][6] |
NSSDC ID | 1974-089C |
Masa | 20,4 kg[5] |
Dimensións | Prisma de 12 caras, cunha distancia de 44,2 cm entre vértices opostos e 41 cm de alto.[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7828 km[1] |
Inclinación | 101,4 graos[1] |
Apoapse | 1465,8 km[1] |
Periapse | 1448,3 km[1] |
Intasat foi o primeiro satélite artificial español. Foi lanzado o 15 de novembro de 1974 mediante un foguete Delta 2310 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]
Intasat orientábase magneticamente e estabilizábase mediante xiro; a súa misión principal foi realizar estudos da ionosfera. Foi lanzado xunto con varios outros satélites. Tiña forma de prisma de 12 caras, cunha distancia de 44,2 cm entre vértices opostos e 41 cm de alto. As antenas despregadas radialmente a partir do corpo do satélite medían uns 175 cm contando desde o centro. Contaba ademais con catro antenas de 49 cm de longo para telemetría que se despregaban diagonalmente desde un dos extremos do satélite. O sistema eléctrico funcionaba a 16 voltios e era alimentado por células solares e un conxunto de doce baterías de níquel-cadmio.[1][2][5][6]
Intasat foi inxectado nunha órbita heliosincrónica. Uns 40 postos de observación terrestre seguiron o satélite para facer estudos ionosféricos. O satélite foi apagado automaticamente tras dous anos de funcionamento por un temporizador programado.[2][5]