Interkosmos 22 / Bulgaria 1300 | |
---|---|
![]() Réplica dun dos instrumentos a bordo de Interkosmos 22 | |
Tipo | Científico |
Destino actual | Fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 17 de agosto de 1981, 13:35 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vostok 2M[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera e a ionosfera terrestres.[2] |
NSSDC ID | 1981-075A |
Masa | 1500 kg[6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7208 km[1] |
Inclinación | 81,2º[1] |
Apoapse | 884,7 km[1] |
Periapse | 791,3 km[1] |
Interkosmos 22 (Интеркосмос 22 en ruso), tamén denominado Bulgaria 1300, foi un satélite artificial colaboración da Unión Soviética e Bulgaria lanzado o 7 de agosto de 1981 mediante un foguete Vostok 2M desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5]
Interkosmos 22 foi deseñado e construído en Bulgaria usando un bus Meteor proporcionado pola Unión Soviética no marco do Programa Interkosmos. Estaba adicado ó estudo da magnetosfera e a inosfera terrestres. Estabilizábase nos tres eixos e os seus dous paneis solares proporcionaban ata 2 kW de potencia. A superficie do satélite, incluídos os paneis solares, estaba recuberta dun material condutor para medir de maneira adecuada os campos eléctricos e o plasma de baixa enerxía. Os datos almacenábanse a bordo en dúas grabadoras de cinta de 60 Mbit de capacidade cada unha.[2][5][6]
Interkosmos 22 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[2][5][6]