Interleucina 10
| |
Identificadores | |
Símbolo | IL10 |
Símbolos alt. | CSIF; IL-10; IL10A; MGC126450; MGC126451; TGIF |
Entrez | 3586 |
HUGO | 5962 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000572 |
UniProt | P22301 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 q31-32 |
A Interleucina-10 (IL-10 ou IL10), tamén coñecida como factor de inhibición da síntese de citoquinas (CSIF son as súas siglas en inglés), é unha citoquina con propiedades antiinflamatorias quen de inhibir a síntese de citoquinas proinflamatorias polos linfócitos T e os macrófagos. Demostrouse a súa presenza nas placas arterioscleróticas humanas (ou placas de ateroma), observándose en estudos experimentais que niveis baixos de IL-10 favorecen o desenvolvemento de lesións arterioscleróticas máis extensas e morfoloxicamente máis inestábeis.