A nova formación de Inti-Illimani en 2007. | |
Orixe | Santiago de Chile, Chile |
Período | 1967–2004 (histórico) 2004-presente (moderno) |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) discográfico(s) | EMI-Odeon, Picap, Warner Music, Xenophile |
Membros | Horacio Salinas José Seves Horacio Durán Jorge Coulón Max Berrú Marcelo Coulón José Miguel Camus |
Antigos membros | (1967 - 1973) Pedro Yáñez (director), Oscar Guzmán, Ciro Retamal, Ernesto Pérez de Arce (1974 - presente) Renato Freyggang, Efren Viera, Daniel Cantillana, Manuel Meriño, Christian González, Juan Flores, Cesar Jara |
Na rede | |
http://inti-illimani.cl/ | |
Inti-Illimani é un grupo musical chileno de música folk e canción protesta. Formado en 1967 por uns estudantes universitarios, acadaron certa sona no seu país pola canción Venceremos, a cal se converteu no himno do goberno de Unidade Popular de Salvador Allende. Durante o golpe de estado de 1973 estaban de xira por Europa e non foron quen de regresar ao seu país xa que a súa música estaba prohibida pola ditadura militar de Augusto Pinochet. En Europa, a súa música incorporou elementos do barroco e outras músicas tradicionais, creando un distintivo estilo de música do mundo. O grupo é quizais o máis coñecido membro do movemento da "Nueva canción". O seu nome quere dicir 'Sol do Illimani': Inti, en lingua quechua quere dicir "Sol", e Illimani, en lingua aimará, é o nome dunha montaña dos Andes bolivianos que quere dicir 'aguia dourada'.
Inti-Illimani ten máis de medio centenar de álbums, entre os seus álbums de estudio oficiais, álbums ao vivo, bandas sonoras, entre outros.
Os distintos álbums de estudio da banda, sen contar as súas bandas sonoras entre outros proxectos musicais, son os seguintes:[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inti-Illimani |