Inventio é a segunda etapa do proceso retórico de construción dun discurso consistente en achar os elementos referenciais do mesmo. É o primeiro bosquexo estrutural, nel localízanse os conceptos que han ser incluídos en cada unha das partes.
As etapas da retórica para a construción do discurso son: Intelectio, inventio, dispositio e elocutio.
A crítica máis antiga da retórica é que non trata un tema específico, isto é, que un orador pode dar un discurso sobre calquera tema e non sendo o contido o que importa, senón como un orador usa o idioma. Esa é unha das razóns poas que Platón atacou esta práctica, baleira na súa opinión.
Aristóteles respondeu á crítica argumentando que razón e retórica van xuntas, argumentando que a razón dialéctica é a ferramenta para atopar verdades universais e a retórica é a ferramenta para aclaralas e transmitilas aos demais.[1] A inventio serve ao orador a construír argumentos utilizando un sistema. Os retóricos romanos Cicerón e Quintiliano dedicaron tempo a formular a teoría detrás da retórica dos argumentos. A inventio constaría de tres partes:
Inventio, do latín inventionem (nominativo inventio), e este das raíces indoeuropeas ou pre-indoeuropeas *en e *gwa para 'vir'[2] é significa "atopar", e é a palabra máis empregada para referirse aos feitos que levaron ao achado do sepulcro do Apóstolo Santiago en Galiza nos anos 820-830.[3]