Nome orixinal | (pt) Inês Teixeira Pereira | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 26 de maio de 1999 (25 anos) Lisboa, Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 68 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Inês Teixeira Pereira, nada en Lisboa o 26 de maio de 1999, é unha futbolista portuguesa que xoga como porteira no Deportivo da Coruña, da Primeira División. É internacional coa selección portuguesa.
Debutou no Campeonato Nacional Feminino nas filas do Estoril Praia, no que militou entre 2014 e 2016, antes de regresar á súa Lisboa natal para xogar no Sporting CP.[1]
Militou cinco anos no Sporting, gañando o título de liga nas dúas primeiras tempadas.[2] En 2021 fichou polo Servette suízo, onde se fixo axiña coa titularidade.[3]
En xullo de 2024 fichou polo Everton, sendo inmediatamente cedida ao Deportivo da Coruña, que viña de ascender á Primeira División.[4]
Internacional coa selección de Portugal, defendeu a súa portería na fase de clasificación para o Mundial de 2019 e na Eurocopa de 2022. En 2023 disputou a Copa do Mundo en Nova Zelandia, defendendo a portería portuguesa en dous dos tres partidos da fase de grupos, nos que encaixou un só gol ante os Países Baixos.[4]