Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1954 (70 anos) Buturugeni, Romanía |
Residencia | Bucarest |
Educación | Ștefan Gheorghiu Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | xerente, empresario, oficial de intelixencia |
Familia | |
Parentes | Petre Pârvu, Padriño |
Ioan Niculae, nado en Buturugeni o 19 de xullo de 1954, é un home de negocios e emprendedor romanés. Segundo a revista Forbes[1] é unha das persoas máis ricas da Romanía, cunha fortuna estimada de 1.100 millóns de dólares estadounidenses en setembro de 2014.
É propietario do grupo InterAgro, conglomerado agrícola e fertilizantes líder de Romanía, cuns ingresos superiores a 630 000 000 de euros no ano 2012.[2] A través da súa empresa, Niculae xestiona aproximadamente 50.000 hectáreas de campos agrícolas e é o maior cultivador de cereais romanés. Tamén é o propietario de 170 hectáreas de viñedos, collendo a súa primeira colleita en 2008. Desde 2004, o importe total dos seus investimentos agrícolas feitos pola súa empresa superaron os 100 millóns de euros. Niculae foi acusado de ser un informante da Securitate, a axencia de policía secreta da Romanía comunista.[3]
Na lista dos multimillonario de Forbes do ano 2013, afirmouse que ten unha fortuna estimada de 1.200 millóns de dólares, mantendo a posición 1.372 mundial. É o terceiro romanés destacado na lista da revista, despois de Dinu Patriciu e Ion Tiriac. Dende o ano 1996 Niculae é propietario do equipo de fútbol Astra Giurgiu.
Entrou no mundo dos negocios a partir de 1990 coa creación, xunto a un compañeiro turco, dunha empresa de comercio de produtos químicos chamada Interaction.
En 1995, fundou a InterAgro, unha joint venture romanés-chinesa. En 1997, Niculae tornouse como accionista maioritaria da refinaría Astra Ploiesti, tralo investimento de 16 millóns de dólares. En 1998, comprou a compañía de seguros romanesa Asirom, despois de investir 21 millóns de dólares. Despois vendeu esas accións en 2007, reportándolle un beneficio de 65 millóns de dólares.[4] En 2012, a Administración Tributaria Nacional de Romanía acusou Niculae de fraude ó orzamento nacional debido ás acusacións de que a súa empresa de tabaco, Galaxy Tobacco, non pagara os seus respetivos impostos, por un valor que excedían aos 120 millóns de dólares. Niculae loitou contra os cargos na corte e gañou.[5]
Afrontou tamén un escándalo público o outono de 2013 despois de que axentes estatais descubrisen que dous políticos romeneses lle deron a Interago unha serie de descontos favorables en transferencias de gas entre o ano 2006 derivados das súas prácticas nun dos seus negocios no sector de petróleo e gas. El nega tódalas acusacións.[6]
Ese memo ano, 2013, Niculae fundou o Consello Romanés de Investidores.[7]
No ano 2013, Niculae divorciouse da súa muller, Domnita Niculae, dando fin a 31 anos de matrimonio.[8] É pai de tres fillos.