Iridoviridae | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Genera | |||||||
Iridoviridae é unha familia de virus con xenomas de ADN bicatenario.[1] Os hóspedes naturais destes virus son anfibios, peixes, invertebrados, entre os cales están, entre outros, os insectos lepidópteros e ortópteros. Hai actualmente 12 especies nesta familia, dividida en dúas subfamilias e 5 xéneros.[1][2]
O seu nome deriva do da deusa do arco da vella grega Iris, debido á iridescencia similar a aun arco da vella observada en insectos moi infectados e mostras en boliñas de iridovirus de invertebrados. Como nome común, iridovirus pode usarse para referirse a calquera membro da familia Iridoviridae ou só a un xénero determinado, o Iridovirus.
Grupo: ADN bicatenario
Outra especie é o shrimp haemocyte iridescent virus (virus iridescente do hemocito de camarón).
Os virións desta familia son icosaédricos con número de triangulación (T) = 189–217, 120–350 nm de diámetro e están constituídos por tres dominios: unha cápside proteinácea externa, unha membrana lipídica intermedia e un núcleo ou core central que contén complexos ADN-proteína. Algúns dos virus teñen tamén unha envoltura externa. A presenza ou ausencia dunha envoltura depende de se estes se evaxinan da membrana celular (virus envoltos) ou están dispostos formando conxuntos paracristalinos dentro do citoplasma da célula hóspede e despois son liberados por lise celular (virus sen envoltura).
O xenoma linear varía en lonxitude entre as 150 e 303 quilobases. Contén secuencias terminais e redundantes e está permutado circularmente.
Os membros desta familia difiren no seu grao de metilación do xenoma. O xénero Chloriridovirus e Iridovirus carecen dun xenoma altamente metilado. Ao contrario, os membros dos xéneros Lymphocystivirus, Megalocytivirus e Ranavirus teñen xenomas cun 25% dos seus residuos de citosina metilados por unha ADN metiltransferase codificada polo virus.
Xénero | Estrutura | Simetría | Cápside | Arranxo xenómico | Segmentación xenómica |
---|---|---|---|---|---|
Lymphocystivirus | Poliédrico | T=189-217 | Linear | Monopartito | |
Megalocytivirus | Poliédrico | T=189-217 | Linear | Monopartito | |
Ranavirus | Poliédrico | T=133 ou 147 | Linear | Monopartito | |
Iridovirus | Poliédrico | T=147 | Linear | Monopartito | |
Chloriridovirus | Poliédrico | T=189-217 | Linear | Monopartito |
Igual que os virus herpes, a transcrición ocorre en tres etapas: inmediata-temperán, atrasada-temperán e tardía. Hai indución positiva e mecanismos de retroalimentación negativa en cada etapa, mediados por produtos das outras etapas.
As partículas víricas entran na célula e prodúcese a decapsidación. O ADN viral é transportado ao núcleo celular, onde é transcrito pola ARN polimerase II do hóspede modificada polo virus. Mentres, detense a síntese macromolecular do hóspede.
O ADN parental produce un xenoma que é despois o molde para a replicación no citoplasma. Fórmanse grandes concatémeros de ADN viral por recombinación no citoplsma. O empaquetamento dos novos xenomas nos virións ocorre no citoplasma e o virus é liberado por evaxinación desde a membrana da célula ou por lise.
Xénero | Detalles do hóspede | Tropismo de tecido | Detalles da entrada | Detales da liberación | Sitio de replicación | Sitio de ensamblaxe | Transmisión |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Lymphocystivirus | Peixes | Ningún | Endocitose mediada por receptor celular | Lise; evaxinación | Núcleo | Citoplasma | Descoñecida |
Megalocytivirus | Peixes | Ningún | Endocitose mediada por receptor celular | Lise; evaxinación | Núcleo | Citoplasma | Descoñecida |
Ranavirus | Ras; serpes | Ningún | Endocirose mediada por receptor celular | Lise; evaxinación | Núcleo | Citoplasma | Contacto |
Iridovirus | Insectos | Ningún | Endocitose mediada por receptor celular | Lise; evaxinación | Núcleo | Citoplasma | Contacto |
Chloriridovirus | Dípteros con estados larvarios acuáticos, principalmente mosquitos | Ningún | Endocitose mediada por receptor celular | Evaxinación | Núcleo | Citoplasma | Descoñecida |
Sábese pouco sobre a patoxénese dos iridovirus. Porén, a patoxénese depende da temperatura, o que fai que os iridovirus estean confinados en hóspedes poiquilotermos e non poidan infectar hóspedes de "sangue quente".
Os membros da familia Iridoviridae infectan principalmente invertebrados, pero tamén algunhas especies de vertebrados, como algúns peixes, anfibios e réptiles.