Isabel[1] é un nome propiofemininogalego. A súa orixe é o hebraicoElisheva (אֱלִישֶׁבַע), que significa 'Deus é o meu xuramento'. Entre outras versións abreviadas dese nome inclúense: Elisa, Isabela, Bete, Zabete, Zabel e Lisa. En galego tamén ten a variante Sabela.[2][3]
En xaneiro de 2023 existían 9.894 mulleres en Galicia co nome Isabel, cunha media de idade de 58,1 anos.[4]
Isabel, segundo o Novo Testamento, era a nai de Xoán Bautista. Segundo o Evanxeo de Lucas Isabel descendía de Aharón o sacerdote (Lucas 1:5). Ela e o seu marido Zacarías eran xustos ante Deus, pois gardaban os seus mandamentos, pero non tiñan fillos. O arcanxo Gabriel visitou a Zacarías para lle anunciar que a súa muller tería un fillo que sería grande ante o señor.
Cando Isabel estaba preñada recibiu a visita de María, a súa curmá, que tamén estaba embarazada de Xesús. Ó ouvi-lo saúdo de María o neno que Isabel tiña no ventre brincou e esta, chea do Espírito Santo, exclamou: "Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre" (Lucas 1:42) (palabras que se recolleron posteriormente no Avemaría)