Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1509 (Gregoriano) ![]() Tenochtitlán ![]() |
Morte | 9 de decembro de 1550 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Moctezuma family (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Cuauhtémoc (–1525) Cuitláhuac (–1520) Juan Cano de Saavedra |
Parella | Hernán Cortés ![]() |
Fillos | Leonor Cortés Moctezuma ( ![]() ![]() |
Pais | Moctezuma II ![]() ![]() |
Irmáns | Chimalpopoca, Tlaltecatzin e Xipaguazin Moctezuma ![]() |
Tecuixpo Ixtlaxóchitl, nada arredor de 1509 e finada en 1550, foi a filla do huey tlatoani Moctezuma Xocoyotzin. Foi bautizada como Isabel Moctezuma.
Moctezuma II tivo dezanove fillos, sendo Chimalpopoca o seu favorito. A piques de morrer, o huey tlatoani encargou a Hernán Cortés que coidase del.[1] Non obstante, o principal herdeiro morreu durante os acontecementos da Noite Triste. Isabel e Pedro foron os descendentes do huey tlatoani que sobreviviron.
Sendo aínda unha nena, e debido á súa ascendencia aristócrata Isabel Moctezuma foi unida en matrimonio simbólico co seu tío Cuitláhuac, sucesor do huey tlatoani, pero este morreu de varíola en 1520.[2] Pouco despois, Isabel foi casada co seguinte sucesor, Cuauhtémoc, quen foi vencido polos conquistadores españois o 13 de agosto de 1521.[3]
Ao rematar a conquista de México, Cuauhtémoc foi feito prisioneiro, aínda que se respectou a súa posición como tlatoani. O 28 de febreiro de 1525, Cuauhtémoc foi sentenciado a morte e executado na forca, pois Hernán Cortés sospeitou dunha posible rebelión dos mexicas durante a expedición a Hibueras.[4] Cortés decidiu casar a Tecuichpo con Alonso de Grao, mais desta unión non houbo descendencia. Alonso de Grao foi acusado e investigado por malos tratos e crueldade cara aos indíxenas e morreu en 1527.[5]
Pedro Gallego de Andrade foi o cuarto esposo de Isabel Moctezuma. A súa familia radicou en Barragán del Valle del Maízo, San Luis Potosí. O matrimonio durou pouco tempo, pois Gallego de Andrade morreu en 1530.[5] A pesar diso tivo descendencia, un fillo de nome Juan de Dios de Andrade Moctezuma (1529-1577) do cal aínda existe unha liña de descendentes.
O quinto matrimonio celebrouse con Juan Cano de Saavedra, con quen tivo cinco fillos, dos que as súas dúas fillas, chamadas Isabel e Catalina, foron monxas fundadoras no convento da Concepción na Cidade de México.[6]
Pouco despois do matrimonio de Isabel Moctezuma con Gallego Andrade, esta deu a luz unha filla de Hernán Cortés. Isabel rexeitou esta nena, que se chamou Leonor Cortés Moctezuma. Baixo a protección indirecta de Cortés, a descendente casou con Juan de Tolosa.[7] Do matrimonio naceron dúas fillas, a primeira de nome Leonor que casou con Juan de Oñate e a segunda de nome Isabel que casou con Cristóbal de Zaldívar.[8]
Debido á súa liñaxe, Hernán Cortés outorgoulle a encomenda de Tlacopan, privilexio que foi asinado o 27 de xuño de 1526, cando estaba casada con Alonso de Grao.
Contra finais do século XVI, dita encomenda era considerada a máis grande do Val de Anáhuac. Os descendentes de Isabel e do seu medio irmán coñecido como Pedro “o Príncipe” foron recoñecidos pola coroa española, e outorgóuselles o título de Condes de Miravalle. En abril de 1550 morreu Isabel Moctezuma, o seu último esposo sobreviviu ata 1572.
A liñaxe dos Miravalle comezou co fillo de Isabel, Juan de Andrade. Os seus fillos Pedro e Gonzalo Cano, convertéronse en cidadáns destacados da cidade de México. O seu fillo Juan Cano Moctezuma casou cunha importante familia de Cáceres, onde aínda se conserva o palacio dos Toledo-Moctezuma.[9]
A liñaxe mestiza que se orixinou con Isabel e a súa irmá ligouse coa nobreza española. Como a súa nobreza nativa foi considerada realmente nobre polos españois, o sangue azteca foi respectada e foi considerada a oportunidade da mestura coa liñaxe. Os descendentes de Isabel e Leonor axiña casaron coas máis importantes familias de Estremadura, unha rexión rica na España da época. Estímase que hai uns 2000 descendentes de Isabel só en España.[10] O condado de Miravalle, o condado de La Enrejada, o ducado de Ahumada, o ducado de Abrantes e o ducado de Moctezuma proceden directamente de Isabel e a súa irmá.
Aínda que se sabe pouco de Isabel á parte duns poucos feitos da súa vida, parece que foi máis que un simple peón nas mans da realeza azteca e dos conquistadores españoil. O seu testamento revela que foi unha muller forte, decisiva e xenerosa. Fixo con éxito a transición de princesa azteca a nobre española. Os seus descendentes foron o exemplo máis importante de mestizaxe da súa época.