Biografía | |
---|---|
Nacemento | Descoñecida Ophir, California |
Morte | 25 de marzo de 1916 Universidade de California, Berkeley |
Causa da morte | tuberculose |
Grupo étnico | Pobo yana |
Actividade | |
Ocupación | Caza-recolección |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ishi, nado c. 1861 e finado o 25 de marzo de 1916, foi o derradeiro membro dos yahi, un grupo do pobo yana que habitou no estado de California. Amplamente aclamado no seu tempo por ser o "derradeiro indio salvaxe" de América do Norte, Ishi viviu a meirande parte da súa vida sen contacto coa cultura moderna. Con 50 anos de idade, no ano 1911, apareceu preto de Lassen Peak tamén coñecido como Wa ganu p'a, no condado de Sashta.
Ishi significa "home" na lingua yana. O antropólogo Alfred L. Kroeber deulle ese nome porque na cultura yahi, a tradición esixía que el non debía dicir o seu nome ou de calquera que xa morrera.[1] Cando lle preguntaron polo seu nome, el respondeu: "Non teño ningún, porque non queda xente para chamarme," o que quería dicir que xa non había yahi para dicir o seu nome. Foi levado polos antropólogos até a Universidade de California, Berkeley, que o estudaron e o contrataron como asistente de investigación. Viviu os seus cinco anos restantes de vida nun edificio da universidade en San Francisco. En 1961, Theodora Kroeber, muller de Alfred L. Kroeber publicou Ishi in Two Worlds, un relato de Ishi a través da amizade co seu marido.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ishi |