A iteroparidade e a semelparidade son dúas posíbeis clases de estratexias reprodutivas dispoñíbeis para os organismos viventes. Unha especie é considerada iterópara se se caracteriza por ter múltiples ciclos reprodutivos no curso da súa vida e semélpara cando se caracteriza por ter un único episodio reprodutivo antes de morrer. Ao describir este fenómeno nas plantas utilízanse os termos paralelos policarpismo e monocarpismo.
Nas especies verdadeiramente semélparas, a morte despois da reprodución é parte dunha estratexia global que inclúe usar todos os recursos dispoñíbeis en maximizar a reprodución, a expensas da continuación da vida.
En calquera poboación iterópara sucederá que algúns individuos morrerán entre os seus primeiro e segundo episodios reprodutivos, pero, a non ser que isto sexa parte dun síndrome de morte programada despois da reprodución, este fenómeno non debería confundirse coa semelparidade.
Esta distinción relaciónase coa diferenza entre plantas anuais e perennes. Unha planta anual é unha planta que completa o seu ciclo de vida nunha única estación, e é normalmente semélpara. As plantas perennes viven durante máis de unha estación e son normalmente (pero non sempre) iteróparas.[1]
A semelparidade e a iteroparidade non son, estritamente falando, as únicas alternativas estratéxicas, senón extremos ao longo dun continuo de modos posíbeis de reprodución. Moitos organismos considerados semélparos poden, baixo certas condicións, separar a súa única oportunidade de reprodución en dous ou máis episodios.[2][3]
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |