Iuchar

Na mitoloxía irlandesa Iuchar era un dos fillos de Tuireann, da tribo dos Tuatha Dé Danann, e Danand.

El e mais os seus dous irmáns Brian e Iucharba mataron a Cian, o pai de Lugh, un dos mellores dos Tuatha Dé Danann. Ademais desmembraron o seu corpo e tentaron agochar o seu crime. En resposta a isto, Lugh fixo que os buscasen en tódolos currunchos do mundo coñecido, en Persia conseguiron armas máxicas, que Lugh planeaba empregar na Segunda Batalla de Magh Tuiredh. Tiveron éxito en todo o que Lugh esixiu, mais regresaron a Irlanda gravemente feridos, pedindo a Lugh que os curase, mais negouse. En cando menos unha versión desta historia, Brian é o intelixente e o sutil, mentres que seus irmáns Iuchar e Iucharba son torpes e vense intimidados de xeito sinxelo por Brian. Esta historia dos Fillos de Tuireann ás veces se comparou a un Argonauta irlandés.