Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1997 ![]() Manresa, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2016 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Iván Martos Campillo, nado en Manresa o 15 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo e defensa central no Eldense, da Segunda División.
Formouse nas canteiras do Manresa, CF Damm, FC Barcelona e UD Almería.[1] O 8 de novembro de 2015 debutou co Almería B na Segunda División B. Xogou o seu primeiro encontro co primeiro equipo o 11 de setembro de 2018, nunha derrota por 2-1 ante o Málaga na Copa do Rei.[2]
En outubro de 2020 foi cedido ao Rayo Vallecano, co que logrou o ascenso á Primeira División.[3] A continuación regresou ao Almería, co que conseguiu un segundo ascenso consecutivo. En agosto de 2024 asinou un contrato dun ano co CD Eldense.[4]