Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Sugamuxi | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.349 (2015) (69,09 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 34 km² | ||||
Altitude | 2.560 m | ||||
Creación | 1556 (Gregoriano) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | iza-boyaca.gov.co… |
Iza é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. Está situado a uns 90 quilómetros ó leste da cidade de Tunja.
O concello de Iza caracterízase pola conservación do seu contido histórico, o cal se manifesta no seu devanceiro prehispánico, arte rupestre, mitos, lendas, tradicións, a toponimia local, festexos e oficios como o tecido en algodón e la, empregando prácticas e teares da España medieval, así como na súa arquitectura colonial, trazos que a converteron en Ben de Interese Cultural de Carácter Nacional, polo Ministerio de Cultura de Colombia no ano 2002.[1]
O nome de Iza provén da palabra muisca "za" que significa noite. Malia que en 1895 o nome da poboación cambiouse a Santa Isabel, pois segundo o dicionario castelán a palabra iza significaba concubina, os seus habitantes mantiveron o nome tradicional. O municipio tamén é coñecido como «Niño Verde de Boyacá», nome dado por Manuel Ancízar, quen contra o ano 1850 percorreu a rexión sendo partícipe da Comisión Corográfica dirixida por Agustín Codazzi. Na súa obra Peregrinación de Alpha polas provincias do norte da Nova Granada en 1850-1851, Ancizar refírese a Iza como un verde niño en alusión ós salgueiros, alisos, chicalás e demais vexetación que daban, como aínda hoxe, unha contorna natural ó centro urbano.