Iza, Boyacá

Modelo:Xeografía políticaIza, Boyacá
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°36′45″N 72°58′43″O / 5.6125, -72.9786
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá
ProvinciaProvincia de Sugamuxi Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.349 (2015) Editar o valor en Wikidata (69,09 hab./km²)
Xeografía
Superficie34 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.560 m Editar o valor en Wikidata
Creación1556 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webiza-boyaca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Iza é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. Está situado a uns 90 quilómetros ó leste da cidade de Tunja.

O concello de Iza caracterízase pola conservación do seu contido histórico, o cal se manifesta no seu devanceiro prehispánico, arte rupestre, mitos, lendas, tradicións, a toponimia local, festexos e oficios como o tecido en algodón e la, empregando prácticas e teares da España medieval, así como na súa arquitectura colonial, trazos que a converteron en Ben de Interese Cultural de Carácter Nacional, polo Ministerio de Cultura de Colombia no ano 2002.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome de Iza provén da palabra muisca "za" que significa noite. Malia que en 1895 o nome da poboación cambiouse a Santa Isabel, pois segundo o dicionario castelán a palabra iza significaba concubina, os seus habitantes mantiveron o nome tradicional. O municipio tamén é coñecido como «Niño Verde de Boyacá», nome dado por Manuel Ancízar, quen contra o ano 1850 percorreu a rexión sendo partícipe da Comisión Corográfica dirixida por Agustín Codazzi. Na súa obra Peregrinación de Alpha polas provincias do norte da Nova Granada en 1850-1851, Ancizar refírese a Iza como un verde niño en alusión ós salgueiros, alisos, chicalás e demais vexetación que daban, como aínda hoxe, unha contorna natural ó centro urbano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]