JAWSAT | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos, Universidade do Estado de Weber |
Destino actual | Fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 27 de xaneiro de 2000, 3:03 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Minotaur 1[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[2][6] |
NSSDC ID | 2000-004A |
Masa | 191,4 kg[2][5] |
JAWSAT (acrónimo de Joint Academy Weber Satellite) foi un satélite artificial conxunto da Forza Aérea dos Estados Unidos e a Universidade do Estado de Weber lanzado o 27 de xaneiro de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]
JAWSAT foi desenvolvido conxuntamente entre estudantes e profesionais. A súa misión inicial era probar un propulsor de pulso de plasma, pero tras varios cambios JAWSAT converteuse nunha plataforma desde a que lanzar catro subsatélites: FalconSat 1, OPAL, ASUSat 1 e OCSE. Ademais levaba un par de experimentos a bordo:[1][2][5][6]
A misión finalizou en maio de 2000 debido a fallo da batería principal.[2][5]