O Jack Adams Award é outorgado anualmente ao adestrador da National Hockey League (NHL) que foi "considerado que contribuíu máis ao éxito do seu equipo".[1] O premio ao "Adestrador do Ano" foi entregado 39 veces a 34 adestradores distintos. O gañador é seleccionado mediante unha votación da National Hockey League Broadcasters Association ao final da liga regular. Catro adestradores gañaron o trofeo dúas veces, mentres que Pat Burns o gañou en tres ocasións, o maior número de calquera adestrador. O trofeo recibe o seu nome en honor a Jack Adams, un xogador dos Toronto Maple Leafs, Vancouver Canucks e Ottawa Senators introducido no Hall of Fame, e durante moito tempo adestrador e director xeral dos Detroit Red Wings. Foi entregado por primeira vez á conclusión da liga regular da tempada 1973-74.
Jacques Demers é o único adestrador que gañou o trofeo en dúas tempadas consecutivas. Catro adestradores gañaron o trofeo con dous equipos diferentes: Jacques Lemaire, Pat Quinn, e Scotty Bowman o gañaron dúas veces, mentres que Pat Burns é o único adestrador que o gañou en tres ocasións. As franquías con máis gañadores do Jack Adams Award son os Philadelphia Flyers, os Detroit Red Wings e os Phoenix Coyotes con catro gañadores cada un, aínda que os Coyotes teñen dous gañadores pertencentes á súa etapa en Winnipeg, antes de trasladarse a Arizona. Bill Barber, Bruce Boudreau e Ken Hitchcock son os únicos adestradores que conseguiron o trofeo logo de substituír o adestrador que comezara a tempada. Barber substituíu a Craig Ramsay nos Flyers durante a tempada 2000-01, Boudreau substituíu a Glen Hanlon un mes nos Capitals durante a tempada 2007-08, mentres que Hitchcock ocupou o posto de Davis Payne un mes nos Blues na tempada 2011-12. A votación máis axustada tivo lugar na tempada 2005-06, cando o gañador Lindy Ruff superou a Peter Laviolette por un só punto.[2]
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |