Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1405 (Gregoriano) |
Morte | 1433 (Gregoriano) (27/28 anos) |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Instrumento | Órgano |
Jacobus Vide, nado cara a 1386 e finado despois de 1433, foi un compositor, organista e músico da escola de francoflamenga, partícipe da evolución do estilo musical durante o período de transición entre a música medieval e a do Renacemento. Foi un dos primeiros representantes da escola de Borgoña, durante os reinados de Xoán sen Medo e de Filipe o Bo.[1]
A mención máis antiga de Jacobus Vide vén dos arquivos da catedral de Notre-Dame de París, e dá conta de que en 1405 probablemente fose un neno do coro. En 1410 ocupou un posto de organista na antiga catedral de San Donaciano en Bruxas e, ao mesmo tempo, é probable que continuase a ser cantante e organista na capela do antipapa Xoán XXIII.
En 1423 aproxímase á corte dos duques de Borgoña ao se converter en cabaleiro de cámara de Filipe o Bo. En 1426 confióuselle ainstrución dos nenos do coro e dous anos despois, en 1428 , foi promovido ao cargo de secretario de Filipe o Bo.[2]
Non coñecemos documento ningún sobre a súa actividade profesional posterior a 1433.
As oito obras súas que chegaron a nós son todas elas rondós, modalidade de canción francesa que estaba moi en voga na corte borgoñoa. O estilo é algo infrecuente, en comparación con outros música do mesmo período: a cadencia melódica e harmónica, cuxa función é a puntuación dun fragmento ou dunha frase musical, tiña un ritmo diferente, con disonancias frecuentes, ritmos cruzados, frases curtas e unha considerable variabilidade da melodía. En todas estas cadencias, unha das características de Jacobus Vide consiste en que a voz máis grave salta unha oitava para evitar as quintas paralelas.
Unha das súas cancións máis enigmáticas é o rondó a tres voces Las, j'ay perdu mon espincel, no que as voces superiores, superius e tenor, están totalmente escritas, pero a de contratenor se deixou en branco.