(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1953 (71 anos) Copenhague, Dinamarca |
Deputado do Althing 2021 | |
25 de setembro de 2021 – Lexislatura: Althing 2021 Circunscrición electoral: Eleitorado do Nordeste (pt) Electo en: eleccións ao Parlamento de Islandia de 2021 | |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, compositor |
|
Jakob Frímann Magnússon nado en Copenhague o 4 de maio de 1953, é un músico e político islandés.
Nado en Dinamarca fillo de islandeses, foi célebre na escena pop rock californiana da década de 1970. Durante as súas viaxes de mocidade nos Estados Unidos entre 1977 e 1980 iniciou a súa propia banda con Carlos Rios (guitarra), Steve Anderson (baixo) e David Logeman (batería), e lanzou varios álbums de pop rock con influencia de jazz. Nestes álbums tamén aparecen músicos como Bill Champlin, Vinnie Coaliuta, Neil Stubenhaus, Abe Laboriel, Ernie Watts e Tom Scott que finalmente adquiriron relevancia na escea de fusión americana. O seu álbum Jack Magnet destaca na crítica polo talento das liñas de teclado de Frímann e o seu uso dos arranxos co piano Rhodes en paralelo a sintetizadores.
Membro do Partido Popular Europeo e parlamentario islandés polo Partido Popular Islandés (islandés: Flokkur fólksins), acadou notoriedade no ano 2011 polas súas posicións reaccionarias contra a libre inmigración no país.[1]