O James Norris Memorial Trophy é un trofeo entregado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao mellor "defensa que demostrou ao longo da tempada a maior capacidade integral na posición".[1] O James Norris Memorial Trophy foi entregado 60 veces a 25 xogadores distintos dende a súa introdución en 1954. Ao final de cada tempada, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para elixir o xogador que foi o mellor defensor durante a liga regular.
O trofeo recibe o nome en honor a James E. Norris, propietaro dos Detroit Red Wings da National Hockey League dende 1932 ata 1952.[1] O trofeo foi entregado por primeira vez á conclusión da tempada 1953-54.
Bobby Orr, dos Boston Bruins, gañou o premio cun récord de oito veces consecutivas entre 1968 e 1975. Doug Harvey e Nicklas Lidström gañaron o trofeo sete veces, mentres que Ray Bourque o conseguiu en cinco ocasións. Os xogadores dos Boston Bruins son os que máis xogadores gañaron o Norris Trophy cun total de 14 veces; os xogadores dos Montreal Canadiens son os segundos máis laureados co Norris Trophy, cun total de 12.[2]
Tan só dous xogadores gañaron o Norris Trophy e o Hart Memorial Trophy (entregado ao MVP da liga) na mesma tempada: Bobby Orr, que gañou os dous trofeos nas tempadas 1969–70, 1970–71 e 1971–72, e Chris Pronger, que gañou o Hart e o Norris na tempada 1999–00.[3]
Seis defensas diferentes gañaron o Hart Trophy antes da introdución do Norris Trophy: Herb Gardiner, Eddie Shore (catro veces), Albert "Babe" Siebert, Ebbie Goodfellow, Tommy Anderson e Babe Pratt.[4]
A votación realízase ao final da liga regular por membros da Professional Hockey Writers Association, e cada votante clasifica aos seus cinco candidatos segundo un sistema de 10–7–5–3–1 puntos.[5] Noméanse tres finalistas e o trofeo é entregado na cerimonia de entrega de trofeos da NHL logo da finalización dos play-offs.
Xogador aínda en activo. Xogador introducido no Hockey Hall of Fame Xogador elixible non introducido no Hockey Hall of Fame
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |