Jan Tříska

Modelo:BiografíaJan Tříska

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Praga, República Checa Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Central Military Hospital Prague, República Checa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecaída de altura Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Artes Performativas de Praga
Jan Neruda Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, teatro e filme Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKarla Chadimová (1968–2017), morte Editar o valor en Wikidata
FillosKarla Třísková Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1977emigración Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Records of persons of interest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0873131 Allocine: 25057 Rottentomatoes: celebrity/jan_triska Allmovie: p71819 TV.com: people/jan-triska
Musicbrainz: 9e9c4296-6411-4ba4-b5fb-929b97d6f5e2 Discogs: 2044387 Find a Grave: 183717772 Editar o valor en Wikidata
Jan Tříska lendo o discurso de aceptación de Václav Havel ao premio Erasmus, ao non poder acudir en persoa por non permitirllo as autoridades checoslovacas, 13 de novembro de 1986

Jan Tříska, nado en Praga o 4 de novembro de 1936 e finado o 25 de setembro de 2017 na mesma cidade, foi un actor checo-norteamericano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse entre 1955 e 1959 na facultade de teatro da Academia de Artes Escénicas de Praga, converténdose en 1959 no actor máis novo do Teatro Nacional de Praga[1]. En 1966 deixouno polo Teatro Za Branou fundado polo disidente Otomar Krejča. Despois da súa desaparición en 1973 traballou nun teatro de Kladno e entre 1974 e 1977 na rede de teatros municipais de Praga. Realizou moitos papeis de teatro, televisión e cinema, como o drama Radúz a Mahulena (1970) de Julius Zeyer ou a serie 30 případů majora Zemana. Apareceu no rexistro da Seguridade do Estado StB como axente co nome en clave de "Toman", e número de rexistro de 5 680.[2] Non obstante, el afirmou[3] que nunca fora axente e que fora o StB quen intentara recruralo sen éxito.

En 1977 emigrou ao Canadá, e máis tarde pasou aos Estados Unidos. Apareceu en diversos filmes como The Karate Kid Part III (1989), The Osterman Weekend (1993), The People vs, Larry  Flynt (1996), Ronin (1998), 2010 e mais en episodios das series de televisión Highlander: The Series ( quinta tempada, 1996) e Highlander: The Raven (1998). Despois da Revolución de Veludo volveu a Checoslovaquia durante un tempo para continuar a súa carreira como actor.

Colleu sona polo seu papel do profesor Igor Hnízdo no filme de Jan Svěrák, Obecná škola (1991; candidato ao Oscar), tamén participou en filmes como Želary (2003; tamén candidato ao Oscar), Horem pádem (2004) e representou o Rei Lear no festival de verán de Shakespeare en 2002, recibindo o Premio Alfréd Radok.

Pola súa interpretación do marqués de Sade no filme de Švankmajerově Šílení gañou  o premio eslovaco Slnko ao mellor actor de 2006[4]. Outro papel salientable foi a adaptación cinematográfica do poema de Karel Hynek Mácha Máj en 2008.

O 23 de setembro de 2017 caeu da Ponte de Carlos en Praga ao río Moldava, os pasaxeiros dun bote lograron rescatalo; hospitalizado en estado grave[5], morreu dous días despois, o 25 de setembro de 2017.[6]

  1. "Legendární Igor Hnízdo je po smrti. Jan Tříska nepřežil pád z Karlova mostu" Expres, 25 de setembro de 2017
  2. Necenzurované noviny č. 04/2000, str. 58
  3. Josef Chuchma "Jan Tříska: Raději Mřenkou V Oceánu Než Kaprem V Rybníku" Zrkadlenie-Zrcadlení
  4. "Držitelia Slnka v sieti 2006". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2017. 
  5. Velinger, Jan (24 de setembro de 2017). "Actor Jan Tříska in serious condition after falling from Charles Bridge". radio.cz. 
  6. Spáčilová, Mirka (25 de setembro de 2017). "Po pádu z mostu zemřel herec Jan Tříska, slavný učitel z Obecné školy". iDNES.cz.