Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1934 (90 anos) Cà Mau, Vietnam |
Cardeal | |
21 de outubro de 2003 – | |
Arcebispo de Cidade Ho Chi Minh | |
1 de marzo de 1998 – 22 de marzo de 2014 ← Paul Nguyễn Văn Bình – Paul Bùi Văn Đọc → Diocese: arcebispado da Cidade Ho Chi Minh | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1993–), sacerdote católico (1965–) |
Consagración | Le Phong Thuan |
Participou en | |
marzo de 2013 | conclave de 2013 |
abril de 2005 | conclave de 2005 |
Jean-Baptiste Phạm Minh Mẫn (Gioan Baotixia Phạm Minh Mẫn), nado en Cà Mau o 5 de marzo de 1934, é un relixioso vietnamita, cardeal católico e arcebispo emérito da arquidocese de Cidade Ho Chi Minh.
En 1946 entrou no seminario de Phnom Penh en Camboxa para volver a Vietnam en 1954 para estudar no seminario de Saigón filosofía e teoloxía. Foi profesor no instituto de Bạc Liêu entre 1957 e 1961, nese ano volveu a Saigón para proseguir os seus estudos de filosofía e teoloxía. En 1965 ordénase sacerdote e vai a Cân Tho como profesor do seu seminario. En 1968 o bispado enviouno a estudar na Universidade de Loyola nos Ánxeles, en 1971 volve a Vietnam e retoma as clases no seminario de Cân Tho. Despois do peche dos seminarios polas autoridades comunistas en 1976, Jean-Baptiste encargouse da formación sacerdotal. En 1988 cando o goberno autorizou a apertura dos seminarios foi elixido reitor do seminario de Cái Răng. En 1993 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo coadxuntor de Mỹ Tho e en 1998 arcebispo de Ho Chi Minh e en 2003 foi elevado a cardeal.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Paul Nguyễn Văn Bình |
Arcebispo metropolitano de Cidade Ho Chi Minh 1998 – 2014 |
Sucesor: Phaolô Bùi Văn Đọc |
Predecesor: (novo título) |
Cardeal-Presbíero de San Giustino 2003 - actualidade |
Sucesor: (título mantido) |