Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1982 (42 anos) |
Educación | Baldwin Senior High School (en) Rocky Point High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 1995 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Punk rock |
Selo discográfico | Quote Unquote Records (en) |
Páxina web | jeffrosenstock.com |
Jeff Ernest Rosenstock,[1] nado o 7 de setembro de 1982, é un músico, multiinstrumentista, cantante e compositor estadounidense procedente de Long Island, Nova York. É coñecido polas súas anteriores bandas Bomb the Music Industry! e The Arrogant Sons of Bitches, ademais de polo seu traballo como artista en solitario e como compositor para Craig of the Creek. É fundador de Quote Unquote Records, o primeiro selo discográfico baseado en doazóns.[2]
Jeffrey Ernest Rosenstock medrou en Baldwin, unha localidade de Long Island.[3] A súa nai era unha profesora de arte xudía e o seu pai era un avogado católico alemán. Rosenstock identifícase como xudeu. A súa irmá é a guionista de televisión e dramaturga Kim Rosenstock.[4]
Rosenstock formou a súa primeira banda, The Arrogant Sons of Bitches (ASOB) en 1995, cando el e o seu amigo Joe Werfelman decidiron non asistir ao funeral doutro amigo debido a sensacións de incomodidade, pasando o día tocando versións de Green Day no seu lugar.[5] No medio da ruptura de ASOB en 2004, Rosenstock gravou unha canción DIY en solitario baixo o nome de Bomb the Music Industry, que se converteu no seu seguinte proxecto musical.[6] Bomb the Music Industry fíxose coñecida pola súa ética DIY e compromiso coa accesibilidade, gañando a reputación de "o Fugazi para a era do punk en Internet".[7] Tras o lanzamento do primeiro álbum de Bomb the Music Industry, Album Minus Band, Rosenstock fundou Quote Unquote Records, o primeiro selo discográfico baseado en doazóns, distribuíndo todos os lanzamentos do selo dixitalmente a través dun modelo pay what you want (paga o que queiras).[8]
Rosenstock comezou a súa carreira en solitario e 2012 lanzando o seu primeiro "mixtape",[9] I Look Like Shit, dous meses despois de que Bomb the Music Industry! anunciase a súa intención de separarse.[10] Este traballo foi seguido polo proxecto Summer Seven Club en 2013, que concedeu aos compradores do sinxelo de 7 polgadas de Rosenstock "Summer" acceso exclusivo a novas cancións publicadas periodicamente nos meses seguintes. Todos os temas de Summer Seven Club foron despois recompiladas no disco Summer +.[11] O primeiro álbum de estudio de Rosenstock como artista en solitario, We Cool?, foi editado en 2015.[12] O seu segundo álbum en solitario, Worry, apareceu en outubro de 2016. O día de Aninovode 2018 lanzouse o terceiro traballo en solitario de Rosenstock, Post-,[13] e o seu cuarto álbum, No Dream, apareceu en maio de 2020. Unha versión ska de No Dream, titulada Ska Dream, foi editada en abril de 2021.[14] O seu quinto álbum de estudio, Hellmode, chegou en agosto de 2023.[15]
Rosenstock ten tocado tamén con moitos outros grupos de ska e punk rock, como Mustard Plug, The Bruce Lee Band, e AJJ. Tamén actuou cos seus compañeiros en Bomb the Music Industry! Laura Stevenson e Lee Hartney. Algunhas das súas influencias musicais son Tom Waits, Pulp e The Beach Boys.
Tamén traballou como produtor para outros artistas como Mikey Erg, The Smith Street Band, Laura Stevenson, e Dan Andriano. Rosenstock tamén é membro de Antarctigo Vespucci, un proxecto colaborativo co líder de Fake Problems Chris Farren. Ademáia. dende 2014 é membro da banda de ska Bruce Lee Band xunto co fundador de Asian Man Records Mike Park.