Jeff Widener

Modelo:BiografíaJeff Widener

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Long Beach, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónReseda High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotoxornalista Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafo, fotoxornalista, xornalista Editar o valor en Wikidata

Páxina webjeffwidener.com Editar o valor en Wikidata
Discogs: 3319676 Editar o valor en Wikidata

Jeff Widener, nado o 11 de agosto de 1956 en Long Beach (Estados Unidos), é o fotógrafo da Associated Press que tomou a imaxe mundialmente coñecida como O rebelde descoñecido en 1989 durante as protestas da Praza Tian'anmen. A fotografía mostra a un home protestando desarmado e solitario ante unha columna de tanques que avanzaban por unha avenida de Pequín.

Widener tomou a foto dende o sexto piso do Hotel Beijing, dende preto de 800 metros de distancia, cunha lente de 400mm. Foi nomeado para o Premio Pulitzer por "Spot News Photography" en 1990 por isto.

No ano 2006, el traballa como fotógrafo da Honolulu Advertiser.

Widener gañou numerosos premios da Society of Professional Journalists e quedou en segundo lugar en imaxe no 2004 nos premios da National Press Photographers Association. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]