Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1992 (32 anos) Umuahia, Nixeria (pt) |
Educación | Covenant University (en) Universidade de Sussex |
Actividade | |
Ocupación | activista, president of a non-profit organisation (en) |
Premios | |
| |
Jennifer Uchendu é unha ecofeminista nixeriana e defensora do desenvolvemento sustentable. É a fundadora dunha plataforma en liña que fai que a sostibilidade sexa viable e interesante para mozos nixerianos a través dunha empresa social chamada SustyVibes.[1][2][3][4]
Uchendu medrou en Lagos, onde asitiu á escola primaria e secundaria antes de matricularse na Universidade Covenant, onde completou unha licenciatura en bioquímica.[5]
En 2016, Uchendu fundou SustyVibes, unha empresa social que fai que a sostibilidade sexa viable e interesante para os mozos de Nixeria a través de proxectos, produtos e política. SustyVibes naceu da necesidade de crear unha plataforma onde os mozos nixerianos poidan contribuír cos Obxectivos de Desenvolvemento sustentable a través de ferramentas da cultura pop como a música, a fotografía, os filmes, o turismo etc.[6][7][8][9]
O nome de SustyVibes é unha combinación de "Sustainable" e "Vibes" que busca facer do desenvolvemento sustentable un compromiso interesante para os mozos a partir dunha plataforma en liña onde todos poden coñecer as novas sobre sostibilidade en Nixeria.[10][11]
Desde os comezoas, a organización xa formou a máis de 2000 alumnos de distintas escolas e ten unha rede de máis de 200 voluntarios en Nixeria.[12] SustyVibes organizou un obradoiro dun día sobre "Xuventude Liderando Sustentabilidade" durante o Día Internacional da Xuventude en Rivers State, en 2016.[13]