Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1970 (54 anos) Cambridge, Reino Unido |
Educación | Slade School of Fine Art (pt) University of Cincinnati (en) Escola de Arte de Glasgow |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes visuais e pintura |
Lugar de traballo | Palermo Londres Glasgow Cincinnati |
Ocupación | pintora, fotógrafa |
Membro de | |
Xénero artístico | Nudez na arte |
Movemento | Young British Artists (en) |
Representante | Artists Rights Society |
Descrito pola fonte | Great Women Masters of Art, (p.467) |
Jennifer Anne Saville, nada en Cambridge o 7 de maio de 1970,[1] é unha pintora británica, membro do grupo Young British Artists.[2] É coñecida principalmente polos seus monumentais cadros de nus femininos. En outubro de 2018 converteuse na muller artista viva que cotizou máis arta a súa obra nunha poxa.
Saville estudou na Glasgow School of Art (1988-1992), e foille concedida unha bolsa de seis meses para a Universidade de Cincinnati,[3] acabando a súa formación na Slade School Of Fine Art (1992-1993). Ao finalizar os seus estudos, a súa obra interesou ao coleccionista Charles Saatchi, quen mercou a súa obra completa para os seguintes dous anos.
Saville desenvolveu a súa carreira dentro da tradicional técnica da pintura ao óleo, nun estilo figurativo herdeiro da nova figuración das décadas de 1950 e 1960, coa influencia de Rubens e Lucian Freud.[4] Desde o seu debut en 1992, a súa temática centrouse no corpo da muller,[5] en pinturas a grande escala, con figuras vistas desde perspectivas poco habituais, onde os corpos parecen montañas de carne que semellan encher todo o espazo, con predilección por amosar a zona xenital ou por imperfeccións e feridas da pel, con cores brillantes, intensas, dispostas por manchas, predominando os tons vermellos e castaños. En xeral son corpos obesos —adoito autorretrátase—, onde a carne forma pregamentos e engurras, cunhas formas monumentais que parecen a visión que un neno ten dun adulto. Inspirada por Courbet e Velázquez, pinta a muller real, actual, sen ningún tipo de idealización, sen buscar a beleza, só a veracidade, realizando, como ela mesma denomina, «paisaxes do corpo».[6]
En outubro de 2018 a casa de poxas Sotheby's vendeu Propped por 10,8 millones de euros, o prezo máis alta pagado nunha poxa por unha artista viva.[7]