Jeremiah Clarke

Modelo:BiografíaJeremiah Clarke
Biografía
Nacementoc. 1674 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte1 de decembro de 1707 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Paulo de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohn Blow Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
A Dictionary of Music and Musicians, 1900 (en) Traducir
Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1940901 BNE: XX873971 Musicbrainz: 96ea2d41-77f3-4dd4-aba7-08598d202d5c Discogs: 836445 IMSLP: Category:Clarke,_Jeremiah Allmusic: mn0000065047 WikiTree: Clarke-11799 Find a Grave: 9916703 Editar o valor en Wikidata

Jeremiah Clarke nado en Inglaterra cara a 1674 e finado no mesmo país o 1 de decembro de 1707, foi un compositor e organista inglés do Barroco.

Crese que Jeremiah Clarke naceu en Londres e foi alumno de John Blow na catedral de San Paulo, nesa cidade. Posteriormente converteuse en organista na Capela Real.

"Unha violenta e desesperada paixón por unha muller moi fermosa dunha clase social superior á súa" provocou que se suicidase mediante un disparo o 1 de decembro de 1707[1]. En caso de suicidio, a Igrexa non se aceptaba normalmente o enterramento nun camposanto, pero con Clarke fíxose unha excepción, xa que foi enterrado na cripta da catedral de San Paulo[2] (aínda que tamén hai outras fontes que sosteñen que onde realmente se enterrou foi na parte non consagrada da catedral)[3].

Foi sucedido no seu posto por William Croft.

Clarke lémbrase hoxe maiormente pola Prince of Denmark's March ("Marcha do Príncipe de Dinamarca"), peza para teclado moi popular, chamada adoito Trumpet Voluntary. Desde aproximadamente 1878 e ata a década de 1940, esta obra foi atribuída a Henry Purcell. Foi publicada como Trumpet Voluntary by Henry Purcell na obra de William Sparkes[4]. Esta versión chamou a atención de Henry Joseph Wood, que fixera transcricións dela que foron gravadas.[5]

Tamén destacan entre as súas obras Trumpet Tune in D, King William's March, diversas composicións para clavicémbalo e órgano, e misas e outras pezas de música relixiosa (que abranguen 20 himnos e varias odas).

  1. O suicidio e os seus antídotos: unha serie de anécdotas e relatos reais, con suxestións sobre a angustia mental. 1824 [En inglés]. 
  2. "Jeremiah Clarke en Classical.com". Archived from the original on 02 de decembro de 2013. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  3. "Jeremiah Clarke en Find a Grave Memorial.". 
  4. Sparkes, William. Short Pieces for the Organ. Volume VII. Nº. 1. Ed. Ashdown and Parry. Londres. 
  5. The New Grove Dictionary of Music & Musicians. Ed. Stanley Sadie; 1980. ISBN 1-56159-174-2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]