Jet Time

Jet Time
IATA
JO
OACI
JTG
Indicativo
JET TIME
Fundaciónsetembro de 2006
Frota10
Destinos53
Páxina web: http://www.jet-time.dk/

Jet Time A/S é unha aeroliña danesa que opera voos regulares e chárter. Ten a súa sede en Kastrup, no municipio de Tårnby,[1] e a súa base principal está no aeroporto de Copenhague-Kastrup.

A aeroliña fundouna un grupo de investidores daneses e realizou o seu primeiro voo o 19 de setembro de 2006

Operacións

[editar | editar a fonte]

Jet Time opera voos de pasaxeiros e de carga por toda Europa e chárter alugados para aeroliñas regulares (Air Greenland, Scandinavian Airlines ou Norwegian Air Shuttle entro outras). Tamén realiza chárters VIP para clientes como Volkswagen, Mercedes-Benz, FC Copenhagen, Rosenborg BK ou Malmö FF.

En decembro de 2016 anunciouse que Jet Time e Scandinavian Airlines remataban o seu contrato para operar oito ATR 72-600 a comezos de 2017 xa que SAS quería concentrarse en avións máis grandes.[2] Polo tanto os avións, relativamente novos, foron retirados por Jet Time.

En agosto de 2017 a frota de Jet Time estaba formada polos seguintes avións:

Frota de Jet Time
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Boeing 737-300 3 148
Boeing 737-700 4 148
Frota de Jet Time Cargo
Boeing 737-400F 3 Carga
Total 10

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Jet Time (ed.). "Contact". Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  2. SVD (ed.). "Jettime skär ned – SAS-linjer stängs". Consultado o 10 de novembro de 2017.