En cinematografía, un jib é un dispositivo de guindastre cunha cámara no seu extremo e un contrapeso cos controis da cámara no outro.[1] Opérase como un balancín, mais o punto de balance atópase preto do contrapeso, polo que a cámara que se atopa no extremo pode moverse nun arco extenso. Un jib permite á cámara moverse verticalmente, horizontalmente, ou nunha combinación dos dous. A jib móntase a miúdo sobre un trípode ou un soporte semellante.[2]