![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xuño de 1961 ![]() Sichuan, República Popular da China ![]() |
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés | |
| |
Membro da Asemblea Popular Nacional | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, poeta ![]() |
Partido político | Partido Comunista de China ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() |
Jidi Majia (chinés simplificado: 吉狄马加; pinyin: Jídí Mǎjiā), nado o 1 de xuño de 1961 en Zhaojue (provincia de Sichuan), é un escritor e político chinés de etnia nuosu.[1] A súa obra Rapsodia en negro (2016) foi publicada en galego pola Editorial Galaxia.[2]
Graduouse en Lingua Chinesa pola Universidade das Nacionalidades do Suroeste.[3] No ano 1984, ingresou no Partido Comunista da China.[4] Entre 2006 e 2010, foi vicegobernador da provincia de Qinghai.[5] É o presidente da Asociación de Escritores Étnicos Chineses e vicepresidente da Asociación de Escritores da China.[1][6]
Foi premiado con diversos galardóns, como a Medalla do Memorial Shólokhov da Asociación de Escritores Rusos no ano 2006, un Título de honra pola Universidade Nacional de Trujillo (Perú) no ano 2015, ou a Medalla Europea Homero da Poesía e das Artes no ano 2016.[1] É un dos escritores máis recoñecidos pertencente a unha das minorías étnicas da China.[5]