Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1950 (74 anos) Praga, República Checa |
Altura | 187 cm |
Peso | 83 kg |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista, pentatleta |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 |
1976 | Pentatlo moderno nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 (pt) (medalla de prata olímpica) |
Jiří Adam, nado en Praga o 12 de outubro de 1950, é un pentatleta, tirador de esgrima e adestrador checo, gañador dunha medalla de prata en péntatlon moderno por equipos para Checoslovaquia nos Xogos Olímpicos de 1976.[1][2]
Adam comezou a practicar o péntatlon na escola, destacando no tiro e na esgrima, que tamén practicaba en solitario. Entre 1973 e 1979 representou a Checoslovaquia nos Campionatos do Mundo de Péntatlon, sen éxito. Nos Xogos Olímpicos de 1976 o equipo checo composto por Adam, Jan Bártů e Bohumil Starnovský logrou con 15.451 puntos a segunda praza tras o Reino Unido. Nos Xogos Olímpicos de 1980 participou en esgrima, co equipo de espada composto ademais por Jurkou, Holubem, Dubou e Kubištou que quedou en sexto lugar. Tras retirarse da alta competición exerceu como adestrador, primeiro en centros deportivos xuvenís e despois no equipo checo de péntatlon.