Joe Fry

Modelo:BiografíaJoe Fry

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Chipping Sodbury, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 1950 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Blandford Forum, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
Motociclismo Editar o valor en Wikidata

Joseph Gibson Fry nado o 26 de outubro de 1915 en Chipping Sodbury e finado o 29 de xullo de 1950, no circuíto de Blandford foi un piloto de carreiras británico e membro afastado da familia do Chocolate FRY. Converteuse no principal impulsor do exitoso Shelsley Special "Freikaiserwagen", creado polo seu primo David Fry e Hugh Dunsterville, coa axuda de Dick Caesar. O coche orixinal foi construído en Bristol en 1936 e contaba cun motor Anzani que foi substituído en 1937 por un motor Blackburne.[1] Joe estableceu unha serie de marcas en subidas durante os anos finais da década de 1930 que inclúe unha marca absoluta non oficial en Prescott cando subiu en 47.62 segundos no Freikaiserwagen de 1100 cc, o 27 de agosto de 1938.[2]

Ao final da segunda guerra mundial Fry retomou as carreiras contra reloxo de montaña ou cronoescaladas, no Freikaiserwagen, logrando algún bo resultado.

Fry morreu ao volante do Freikaiserwagen na subida a Blandford de 1950, dous meses despois de pilotar un Maserati 4CL no Gran Premio do Reino Unido de 1950 en Silverstone. Raymond Mays dixo: "A morte de Joe Fry, polas feridas recibidas durante a práctica da subida a Blandford, foi un gran golpe para min e para o deporte do motor británico en xeral."[3]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

O libro da historia completa do "Freikaiserwagen" chámase "Freik - The Private Life of the Freikaiserwagen" (Freik - A vida privada do Freikaiserwagen) de Rob e Hugh Dunsterville publicado en 2008 e reeditado en 2009. Só foron impresas 1000 copias.

Resultado completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Puntos
1950 Joe Fry Maserati 4CL Maserati 4 en liña GBR
10*
MON 500 SUI BEL FRA ITA NC 0
* Indica unidade compartida con Brian Shawe-Taylor
  1. Motor Sport, xullo 1940, Page 124-125.
  2. Motor Sport, maio 1946, Page 92.
  3. Split Seconds: My Racing Years, by Raymond Mays "ghosted" by Dennis May, G.T. Foulis & Co. Ltd. 1952, Page 293.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]