Nome orixinal | (pt) João Soares de Paiva |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1140 (Gregoriano) Portugal |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Xénero artístico | Cantiga |
Johan Soárez de Pavia (ou Paiva)[1], foi un trobador posibelmente catalán[Cómpre referencia] que viviu entre os séculos XII e XIII. É o primeiro poeta galego-portugués coñecido[Cómpre referencia], pois naceu pouco despois da batalla de Ourique, acontecida en 1139.
Sábese que escribiu cantigas de amor hoxe perdidas. Só se conserva unha composición deste autor, que resulta ser o texto máis antigo dos conservados na lírica medieval galaico-portuguesa. Trátase da cantiga Ora faz ost´o senhor de Navarra, un sirventés satírico de tipo político no que abundan as referencias históricas e sociais á rexión navarro-aragonesa e que ten influencias da épica francesa. Pertence ao xénero das cantigas de escarnio e maldicir. Segundo os estudosos medievalistas Carlos Alvar e Vicenç Beltran, esta cantiga debeuse compoñer ao redor do ano 1200.[2]