Nome orixinal | Karl Hermann Johannes Thiele |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de outubro de 1860 Goldap, Prusia Oriental, Reino de Prusia (hoxe Gołdap, Polonia) |
Morte | 5 de agosto de 1935 Viena, Estado Federal de Austria |
Datos persoais | |
Residencia | Alemaña |
País de nacionalidade | alemá |
Educación | Universidade de Heidelberg Universidade Humboldt de Berlín |
Q89547790 | Handbuch der Systematischen Weichtierkunde (1929-1935) |
Actividade | |
Campo de traballo | Malacoloxía, zooloxía e Ictioloxía |
Ocupación | zoólogo, malacólogo |
Empregador | Museo de Historia Natural de Berlín |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Thiele |
'Karl Hermann Johannes Thiele, nado en Goldap, Prusia Oriental, Reino de Prusia, o 1 de outubro de 1860, e finado o 5 de agosto de 1935 en Viena,[1][2] foi un zoólogo alemán especializado en malacoloxía.
Thiele traballou extensamente no campo da clasificación científica dos moluscos. Publicou numerosos traballos sobre os detalles anatómicos destes animais e describiu 1 500 especies de diversos moluscos. Investigou os achazdos de dúas expediciones científicas alemás de finais do século XIX.
Ocupou postos en diversos institutos académicos como museos e universidades.
A súa obra principal, Handbuch der Systematischen Weichtierkunde (1929-1935) foi un manual de referencia en particular para os gasterópodos até o ano 1990.
Na sús primeira publicación notábel tratou dos pedipalpos labiais dos bivalvos. Despois estudou as papilas dos pectens e dos ostridos e concluíu que serven como órganos de sentidos para medir a turbulencia da auga, e comparou os sistemas nerviosos das políclados, poliquetos, moluscos e cordados. Máis tarde dedicouse ao estudo dos moluscos.
En 1891 foi contratado como asistente no Museo de Dresde. Alí trabalou na identificación de cunchas e orendou as súas coleccións; tamén investigou la rádula dos caracois e a describiiu en 1893 no artigo Das Gebiß der Schnecken (A dentadura dos caracois).
En 1894 continuou estudos anteriores dos Neomenia resultando especialmente nunha descrición detallada da anatomía dos Solenogastross.
En 1895 traballou no Instituto Zoolóxico de Estrasburgo, arranxando a súa colección de esponxas xaponesas. Entre 1896 e 1897 traballou durante 18 meses en Gotinga. Finalmente, chegou a Berlín para ocupar un posto na Escola de Agriculturan. Alí destacou como profesor universitario no departamento de entomoloxía.
As súas investigacións mái famosas ocorreron cando foi contrartado no Museo de Historia Natural Berlín ("Museum für Naturkunde"). Desde 1898 até 1905 Thiele foi empregado na división dos crustáceos. Finalmente dedicouse case exclusivamente ao estudo dos moluscos. Despois da morte de Carl Eduard von Martens foi o seu sucesor no departaento de moluscos do Museo, posto que desempeñou até a súa xubilación en 1925.
A finais do século XIX e principios do século XX varias nacións efectuaron expedicións para investigar sistematicamente territorios aínda descoñecidos. Alemaña programou dúas expedicións, en 1898-1899 a expedición de Valdivia ao océano Índico para investigar o "mar profundo", e en 1901-1903 a expedición á Antártida. Ambos tvieron éxito e volveron con moiots animais recolldos. Para Thiele estas expedicións foron decisivas, porque el foi o que investigou os moluscos encontrados. Pola riqueza dos moluscos achados seu traballo propiciou nun gran número de especies descritas cientificamente.
Thiele publicou algunhas obras decisivas no campo da sistemática dos moluscos. Destaca o Handbuch der systematischen Weichtierkunde, 1929-1931 (Manual do estudo sistemático dos moluscos) por dúas razóns:
Este manual foi o libro de referencia durante decenas de anos polas descricións precisas, o seu estilo sistemático e a cantidade de animais tratados.
Thiele describiu máis de 1 500 especies novas de moluscos, cuxo material está depositado até hoxe no Museum für Naturkunde de Berlín. A súa proposta dunha nova sistemática dos moluscos presentada no seu manual tivo unha grande importancia e influenciaba a sistemática até os anos 1990. Modificou un concepto anterior de Henri Milne-Edwards (1848) establwecendo tres subclases: prosobranquios, opistobranquios e pulmonados. A clasificación de Thiele baseouse na semellanza global entre as especies. Esta clasificación foi modificada ao longo dos anos, sendo un exemplo recente a clasificación de Ponder & Lindberg, 1997, baseada en argumentos filoxenéticos.
A abreviatura Thiele emprégase para recoñecer a Johannes Thiele como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.