Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1970 (54 anos) Brisbane, Australia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Hamilton (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Queensland (pt) Marist College Ashgrove (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 200 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 115 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | emprendedor, xogador de rugby | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1989 - 2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Segunda liña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
John Eales, nado o 27 de xuño de 1970 en Brisbane (Queensland, Australia), é un ex xogador profesional de rugby, que xogou na posición de 2ª liña. Unha das características máis salientables do seu xogo foi a capacidade de anotar puntos co pé, cualidade insólita nun dianteiro. Popularmente foi coñecido co alcume Nobody (ninguén), xa que Nobody is perfect ("ninguén" é perfecto).
Ao longo da súa carreira xogou profesionalmente nos Queensland Reds, acadando a vitoria no torneo Super 6 de 1992, e no torneo Super 10 nos anos 1994 e 1995. No Super 12 anotou un total de 402 puntos ó longo de 6 tempadas. A nivel internacional, disputou 86 encontros coa Selección de rugby de Australia entre 1991 e 2001. Capitaneou ós Wallabies en 55 encontros, anotando 173 puntos, e liderando a Australia na conquista dos Mundiais de 1991 e 1999. Tamén conquistou 2 veces o torneo Tri Nations, en 2000 e 2001.
Equipos | Tempadas | Títulos |
Queensland Reds | 1990 - 2001 | 1 Super 6 (1992) e 2 Super 10 (1994, 1995) |
Australia | 1991 - 2001 | 2 Tri Nations (2000, 2001) e 2 Mundiais (1991, 1999) |
Trala súa retirada en 2001, foi seleccionado para formar parte do Salón da Fama do Rugby Internacional (2005) e do Salón da Fama da IRB (2007). Actualmente é un dos xurados que decide que xogador recibe o premio Xogador Internacional do Ano da IRB.